PROCEDEMENTOS DE AVALIACION

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

A materia de Xeografía e Historia traballaráse a través de metodoloxías activas na que o alumno sexa o protagonista dos seus aprendizaxes. Ao longo dos trimestres os alumnos farán proxectos nos que presentarán un traballo final e exames teóricos que consistirán en preguntas sobre os temas traballados na clase.
O traballo da aula seguirase a través da observación e mediante rúbricas. Comprobación de que teñen as tarefas que se lles manda facer na clase ou na casa, no seu diario de aprendizaxes..
As distintas actividades e proxectos terán un valor do 40% da nota final e a media dos diferentes controis que se lle fagan o alumno un 60%. Aqueles rapaces/as que non superen os controis poderán facer sempre un exame de avaliación de todos os contidos traballados no trimestre e unha recuperación en caso de precisala.
.
Valorase como positiva a participación na clase, a colaboración co grupo e a actitude do alumno cara a materia.

CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS

A metodoloxía será activa e participativa, de xeito que facilite a aprendizaxe tanto individual como colectiva e que, como un dos seus eixes, favoreza a adquisición das competencias básicas, especialmente a relacionada co coñecementoe a interación co mundo físico.
Empregaranse diversas estratexias metodolóxicas:

-Traballo en grupo cooperativo de catro ou cinco alumnos ou alumnas no desenvolvemento dos problemas ou actividades e proxectos propostos.
Traballo refexivo individual no desenvolvemento das actividades e proxectos para investigar
- Exposición do profesor utilizando diversos soportes. Antes de comenzar a explicación, débense coñecer as ideas previas e as dificultades de aprendizaxe do alumnado.

- Posta en común do traballo individual.

ShareThis