16 febrero 2017

VISITA DUN XOVEN EMPRENDEDOR

O mércores día 16 os alumnos de 4° de ESO tiveron a visita de Salvador Vázquez, un xoven emprendedor pontevedrés fundador da empresa REI ZENTOLO. Salvador explicoulle aos alumnos como foron os pasos que tiveron que dar á hora de montar a súa empresa, así como o funcionamento das franquicias, temas que vimos este curso na materia de Iniciación a actividade económica e emprensarial. A súa vez os alumnos transmitíronlle as súas inquedanzas e dúbidas sobre un tema tan apaixoante.




07 febrero 2017

XEOGRAFÍA DE ESPAÑA

Os alumnos de 2º da ESO traballaron por Proxectos a Xeografía física de España. Fixeron unha maqueta cos principais accidentes xeográficos de España. Investigaron as características de todos eses accidentes e realizaron exposicións orais para os compañeros dos contidos  traballados.












ShareThis