22 enero 2013

I CONCURSO DE LOGOTIPOS E LEMAS DE XEOGRAFÍA


O primeiro concurso da Asociación de Xeógrafos Españois de "Logotipos e lemas de Xeografía" ten como obxetivo espertar e fomentar o interese pola xeografía nos alumnos de ESO e Bacharelato.
  1. Concursarase mediante a presentación combinada de:
    • Un lema consistente nunha frase curta que faga referencia á xeografía fomentando o interese pola súa aprendizaxe.
    •   Un logotipo consistente nun debuxo ou imaxe que teña relación co lema redactado.
  2. Poden concursar todos os alumnos de ESO e Bacharelato dos centros de ensino do Estado Español. Os alumnos poden presentarse de forma individual ou colectiva pero únicamente poderán concursar cun lema e un logotipo.
  3. Os lemas e logotipos han de ser creación propia e orixinal dos autores e poden expresarse na lingua que o alumno seleccione.
  4. O concurso consta de dúas fases:
    1. Fase galega organizada polo departamento de Xeografía da universidade de Santiago de Compostela.
    2. Fase estatal na que participará un logotipo e lema seleccionado por cada unha das Comunidades Autónomas participantes.
  5. O prazo de presentación da 1ª fase rematará o día 27 de marzo de 2013
  6. Dos lemas e logotipos recibidos, a comisión seleccionará un gañador e dous finalistas que recibirán un premio de 100 € o gañador e sendos libros os dous finalistas.
  7. Todos os lemas e finalistas gañadores na 1ª fase pasarán inmediatamente a concursar na fase estatal e formarán parte dun documento gráfico que será difundido e enviado tanto os departamentos de Xeografía Universitarios como aos centros educativos de Ensino Secundario.
  8. O gañador na fase estatal recibirá un iPad mini.
Todos os traballos presentaráse ás profesoras do departamento de Ciencias Sociais antes do 27 de marzo para realizar o envío de todos os lemas ó Departamento de Xeografía da USC.

ShareThis